ANTECEDENTES DA 2ª GUERRA MUNDIAL
Paz de París
Diktat 1919: Alemaña ten que pagar as reparacións da guerra e debe ceder territorios
Crise de 1929
Crack da bolsa de Nova York o 24 de outubro de 1929: unha das maiores crises económicas da historia.
Bancarrota dos bancos estadounidenses que arrastra ó sistema financieiro internacional
Crack do 29
Deflación; escasa actividade económica
Alto índice de paro
Consecuencias da crise
A URSS móstrase á marxe da crise e atrae a obreiros de todo o mundo.
Nos países democráticos comezan a chegar ó poder gobernos de esquerdas.
En Alemaña, os nazis fixeron descenden o número de parados. As fábricas funcionan para producir equipamento para a guerra.
En 1940 só sobrevivían 5 democracias: Finlandia, Irlanda, Reino Unido, Suecia e Suíza.
Totalitarismos
Totalitarismo é un termo creado por Hannah Arend que consistía na negación do Estado de dereito. Pretendía ter un poder ilimitado sobre a poboación.
Benito Mussolini
(Fascista italiano)

Política de apazugamento
Austria: Hitler invade o seu país natal en 1938, rompendo ca paz de París.
Checoslovaquia: a rexión dos Sudetes era maiormente de fala alemá. Ante este conflicto créase a Conferencia de Múnic, onde Francia e Reino Unido abandonan a súa aliada Checoslovaquia, á que Hitler, rompendo a súa promesa, non tarda en invadir.
España: tras celebrarse a Conferencia de Múnic, España perde a esperanza de contar co apoio de Francia e Reino Unido.
A cidade báltica de Memel: é ocupada por Hitler e un mes máis tarde, Mussolini invade Albania.
Fracaso da política de apazugamento
Cando Hitler reclamou o corredor de Dancig, Francia e Reino Unido decatáronse de que a súa política fracasara. Aseguraron o apoio a Polonia en caso de guerra.
En agosto de 1939 Hitler e Stalin concretan un pacto de non agresión. Feito que indicaba que a guerra era inevitable.
Detonante da 2ª Guerra Mundial
1 de septembro de 1939 invasión de Polonia por parte de Alemaña.
2ª GUERRA MUNDIAL
Guerra de broma
Tras a invasión de Polonia, Francia e Inglaterra tomaron unha postura defensiva, ó mesmo tempo que Alemaña reagrupaba filas, por iso a este período chamóuselle a guerra de broma.
Guerra relampo
A guerra relampo tivo lugar en 1940. Consistiu nunha serie de ataques rápidos cos que Hitler invadiu países neutrais como Dinamarca, Noruega, Países Baixos, Bélxica e Luxemburgo. Supuxo a fin da guerra de broma.
Invasión da URSS
Supuxo a fin do pacto de non agresión entre Hitler e Stlin. Tivo lugar en xuño de 1941. Alemaña pretendía facerse coas reservas de cereais e petróleo do mar Caspio.
Os soviéticos retrocederon e as tropas alemás chegaron ata Leningrado. Pero non tiveron en conta as dificultades que terían; como por exemplo a meteoroloxía, que favoreceu ós rusos.
Ademais, a brutalidade da invasión alemá fixo que non puideran aproveitar o descontento dos soviéticos pola ditadura stalinista.

Intervención de EEUU
Os Estados Unidos entran na guerra en decembro de 1941, polo ataque xaponés contra Pearl Harbor, base militar norteamericana. Asimesmo, Alemaña, Italia e os seus aliados europeos, decláranlle tamén a guerra.
Punto de inflexión da guerra
Batalla de Stalingrado, verán de 1942- inverno de 1943. Retíranse as tropas alemás debido a un durísimo inverno. A última ofensiva en Rusia é a batalla de Kursk (verán de 1943) na que gañan os soviéticos e comezan o avance cara ó Reich.
Bomba atómica
Durante o goberno do presidente dos Estados Unidos Harry S. Truman, desenvolveuse a bomba atómica. Este decidiu utilizala contra Xapón para impedir unha invasión que se prevía difícil e custosa, pero tamén como advertencia a Stalin, o cal, na conferencia de Postdam xa se desvinculaba dos aliados. Foron lanzadas dúas bombas: sobre Hiroshima e Nagasaki, que supuxo a fin da Segunda Guerra Mundial.

Carta do Atlántico (1941) Churchill e Roosevelt reúnense para devolverlles a soberanía ós países ós que se lles había arrebatado.
Conferencias de paz
Conferencia de Teherán e de Casablanca (1943)
Conferencia de Ialta (Churchill, Roosevelt e Stalin) Alemaña queda dividida en 4 zonas.
1945
Conferencia de Postdam (Berlín). Rómpese a colaboración entre os aliados. Occidente e a URSS sepáranse.
Na conferencia de San Francisco en 1945 créase a ONU, que substitúe á Sociedade de Nacións.
