ANTIGO RÉXIME E ILUSTRACIÓN
Características do Antigo Réxime
Características do Antigo Réxime
Monarquía absoluta: o rei era elixido pola graza de Deus, e tiña os tres poderes, lexislativo, executivo e xudicial.
Intervención do Estado na economía: sustentada polas actividades agrarias, o comercio e a artesanía.
Sociedade estamental: a sociedade estaba dividida en estamentos. Os privilexiados (nobreza e clero) e os non privilexiados, o Terceiro Estado (labregos e burgueses).
Principio de autoridade: non se cuestionaban as afirmacións dos mestres antigos.
Século XVIII
Este século é coñecido como SÉCULO DAS LUCES, xa que pretendía iluminar ó ser humano mendiante a razón e o espírito crítico.
Razón:
capacidade do ser humano para pensar.
Espírito crítico:
aplicar a razón para ter un criterio propio.
Con este movemento aparecen os pensadores ilustrados, que foron chamados FILÓSOFOS:
Voltaire
Montesquieu
Rousseau
Diderot e D'Alembert
O Liberalismo
É un principio ideolóxico que senta as bases da monarquía parlamentaria.
Sostiña que a soberanía reside no pobo, e este, delégalle o seu poder ó monarca, polo que non pode ser elixido pola graza de Deus.
Foi adoptado por primeira vez por Gran Bretaña e as Provincias Unidas:
Despotismo ilustrado
Os déspotas ilustrados son os monarcas que seguen gobernando co absolutismo, pero que teñen gran interese pola modernización económica e cultural do seu país.
O seu lema era todo para o pobo, pero sen o pobo. O rei gobernaría para aumentar a riqueza do seu país, pero non lle permitía ó pobo participar politicamente.
En España sobresaíu Carlos III.
![IMG-20181208-WA0006[1].jpg](https://static.wixstatic.com/media/40ad57_06d9af42a83a4e6c8133495be0c3b5a1~mv2.jpg/v1/fill/w_320,h_756,al_c,q_80,usm_0.66_1.00_0.01,enc_avif,quality_auto/IMG-20181208-WA0006%5B1%5D.jpg)
.jpg)
Avances científicos
Edwar Jenner desenvolveu a primeira vacina contra a varíola. Foi un descubrimento moi importante, xa que a varíola era unha enfermidade moi extendida e que estaba causando moitas mortes.
Anterior a este achado, en China xa se buscaba unha cura para a varíola. A este intento chamárono VARIOLIZACIÓN. Consistía en poñerlle roupa dos enfermos a persoas sas, facer incisións á xente non infectada na pel e introducirlles materia infectada, ou soplarlles polo nariz, ós non enfermos, as costras das pústulas das feridas dos enfermos.
Jenner mandou un escrito, INFORME SOBRE A VARÍOLA VACINA, á Royal Society de Londres, quen llo denegou. Ademais, os científicos da época e a asociación médica de Londres, opuxéronse completamente ó seu tratamento. Ata nos púlpitos se predicaba que era unha acción anticristiá.

Independencia das colonias americanas
Foi o primeiro proceso revolucionario liberal.
Os colonos británicos chegan a América do norte para colonizala. As relacións coa metrópole comezan a ser cada vez máis tensas, xa que os colonos tiñan que pagar impostos que consideraban ilegais e non lles permitían ter representación no parlamento británico.
Cansos dos altos impostos do azucre e do té, en 1773 os colonos americanos guindaron o cargamento de té dos barcos ingleses que atracaran no porto de Boston ó mar. Este suceso foi o chamado o MOTÍN DO TÉ.
Tras varios actos de rebeldía, o 4 de xullo de 1776, publican a Declaración de Independencia das colonias americanas, que acepta Gran Bretaña coa Paz de Versalles en 1783.

Guerra de sucesión española
Carlos II de Austria morre sen desendencia e quedan dous posibles candidatos ó trono: Filipe de Anjou, da casa de Brobón, ou Carlos de Austria, que foiproposto por Gran Bretaña, Sacro Imperio e as Provincias Unidas por temos a que gobernando a dinastía dos Borbóns en Francia e España, ambas se unisen.
A guerra de sucesión remata co Tratado de Utrech (1713-1714), co que entra a gobernar Filipe V e España ten que ceder parte do seu territorio.
DECRETOS DE NOVA PLANTA
Son as primeiras medidas que toma Filipe V ó empezar a gobernar. Aboliu todos os foros e privilexios de Aragón, Cataluña, Valencia e Mallorca, por enfrontarse a el naguerra de sucesión.
ARTE NEOCLÁSICA
![]() | ![]() | ![]() |
---|---|---|
![]() | ![]() |
REVOLUCIÓNS BURGUESAS
Causas da Revolución francesa
![IMG_20181205_202236[1].jpg](https://static.wixstatic.com/media/40ad57_79764bd564f84d858e24620e6be91075~mv2_d_3699_2304_s_2.jpg/v1/fill/w_615,h_383,al_c,q_80,usm_0.66_1.00_0.01,enc_avif,quality_auto/IMG_20181205_202236%5B1%5D.jpg)
Etapas da Revolución francesa
![IMG_20181208_174401[1].jpg](https://static.wixstatic.com/media/40ad57_a1dce6f55994476c8ded6a9671d8a81a~mv2_d_1871_3153_s_2.jpg/v1/fill/w_375,h_632,al_c,q_80,usm_0.66_1.00_0.01,enc_avif,quality_auto/IMG_20181208_174401%5B1%5D.jpg)
Goberno de Napoleón
Creación do código de Napoleón: recompilou leis iguais para todos os cidadáns.
Principio das carreiras abertas ó talento: permitía ós burgueses asumir altos cargos, e creou unha nova nobreza, á que se chegaba por méritos, non por nacemento.
Restablecemento da orde: reanudou as relacións coa Igrexa católica.
Motín de Aranjuez
Carlos IV ocupou o trono en España en 1788 e delegou todo o seu poder en mans do primeiro ministro, Manuel de Godoy, ó que odiaba o pobo. Os opositores de Godoy foron os que promoveron este motín asaltando o palacio real. Así, obrigaron o rei a destituír ó ministro e cederlle a coroa ó sue fillo Fernando VII.
.jpg)
Guerra de Independencia española
Tras o motín de Aranjuez, Carlos IV e Fernando VII cedéronlle a coroa a Napoleón, quen lla entregou ó seu irmán Xosé Bonaparte. O pobo rebélase ante esta decisión e comeza a guerra de Independencia española.
España dividiuse en dous grupos: os afrancesados, que estaban a favor de Xosé, e os fernandinos, que apoiaban a Fernando VII. Estes últimos, foron gobernados por unha Xunta Suprema, que se refuxiou en Cádiz e, alí se formaron as Cortes Xerais, que posteriormente redactaron a Constitución de 1812, A Pepa.
Os franceses foron derrotados.
Restauración
Os vencedores de Napoleón reúnense no CONGRESO DE VIENA (1814-1815) para reorganizar Europa. A toma de decisións era levada a cabo polas grandes potencias: Gran Bretaña, Francia, Rusia, Prusia e Austria.
O organizador foi o chanceler Metternich.
Principios da Restauración
Devolver o trono ós monarcas que o perderan.
Restablecer o absolutismo.
Crear a Santa Alianza para protexer ós monarcas fronte a revolucións.
Fortalecer a alianza entre a Coroa e a Igrexa católica.
Reinado de Fernando VII en España
Sexenio absolutista: goberno absolutista.
Trienio liberal: un militar con ideoloxía liberal dá un golpe de Estado e obriga ó rei a xurar a constitución. Pero este pide axuda á Santa Alianza e envían na súa axuda as tropas coñecidas como os Cen Mil Fillos de San Luís, e os liberais son derrotados.
Década ominosa: Volve o absolutismo.
![IMG_20181208_175915[1].jpg](https://static.wixstatic.com/media/40ad57_ac0e323eb76646b88a35d3f379ce8e99~mv2_d_2304_4096_s_2.jpg/v1/crop/x_0,y_18,w_2027,h_3625/fill/w_344,h_615,al_c,q_80,usm_0.66_1.00_0.01,enc_avif,quality_auto/IMG_20181208_175915%5B1%5D.jpg)
Causas da indenpendencia das colonias americanas de España
![IMG_20181205_204442[1].jpg](https://static.wixstatic.com/media/40ad57_11c1fb91d93a4caeb10eae73b36e3076~mv2_d_2304_3266_s_2.jpg/v1/fill/w_466,h_660,al_c,q_80,usm_0.66_1.00_0.01,enc_avif,quality_auto/IMG_20181205_204442%5B1%5D.jpg)
Eixe cronolóxico España e Francia
Romanticismo
![]() |
---|
![]() |
![]() |
![]() |
REVOLUCIÓN INDUSTRIAL
Palabras clave
Reino Unido
Revolución agraria
Revolución demográfica
Éxodo rural
Capitalismo
Máquina de vapor + Ferrocarril
Factoría + Medidas proteccionistas + Producción
Navegación fluvial + Materia prima + Producto manufacturado
Sociedades anónimas + Acciones + Trust + Taylorismo
Aranceles + Importacións
Proletariado + Clase media
Realismo
Ludismo + Sindicato + Patronal
Socialismo utópico VS socialismo científico (MARXISMO)
Loita de clases
Causas da revolución agraria
Sistema Norfolk
Sistema de rotación de cultivos introducido en Inglaterra, ideado por Charles Townshend, que vivía no condado de Norfolk.
![IMG_20181205_183620[1].jpg](https://static.wixstatic.com/media/40ad57_cb912a49a4e1419ab744f53c614bb335~mv2_d_2304_4096_s_2.jpg/v1/crop/x_0,y_10,w_2304,h_4046/fill/w_458,h_804,al_c,q_85,usm_0.66_1.00_0.01,enc_avif,quality_auto/IMG_20181205_183620%5B1%5D.jpg)
.jpg)
Sistema cuatrienal.
Permite eliminar o barbeito, que é substituído por prantas forraxeiras, das que se alimenta o gando.
Aumento e rendemento por hectárea.
Avances tecnolóxicos 1ª Revolución Industrial
ALTOS FORNOS, 1709
Abraham Darby I empregou a escala industrial o carbón de coque nun alto forno.

LANZADEIRA VOANTE, 1733
Jonh Key. Permitiu tecer o algodoón a maior velocidade.

CONVERTEDOR BESSEMER, 1855
Henry Bessemer. Permitiu a fabricación de aceiro.
TELÉFONO, 1857
Antonio Meucci. Primeiro en patentalo: Graham Bell.
LÁMPADA, 1878
Thomas A.Edison patentou a lámpada incandescente.
MOTOR DE GASOLINA, 1886
Carl Benz patentou o vehículo automotor de combustión interna.
CINEMATÓGRAFO, 1895
Irmáns Auguste e Louis Lumière en Francia.


.jpg)

Avances científicos 2ª Revolución Industrial
.jpg)
MENDELEJEV
Destacou na química. Estableceu o sistema periódico dos elementos químicos.
MAXWELL
Destacou na física. Proporcionou a teoría electromagnética.
DARWIN
Destacou na bioloxía. Formulou a teoría evolucionista en forma de leis.
PASTEUR
Destacou en medicina. Presentou o proceso térmico para eliminar microorganismos nos líquidos e desenvolveu a vacina contra a rabia.
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
CONSTRUCIÓN EN FERRO, 1779
Abraham Darby III levantou a primeira ponte de ferro no río Severn, Reino Unido.
Compara e contrasta: 1ª e 2ª Revolución Industrial
![IMG_20181205_201257[1].jpg](https://static.wixstatic.com/media/40ad57_404a976177554d61b10a01d27c627eaf~mv2_d_3618_2304_s_2.jpg/v1/fill/w_600,h_382,al_c,q_80,usm_0.66_1.00_0.01,enc_avif,quality_auto/IMG_20181205_201257%5B1%5D.jpg)
Na primeira Revolución Industrial a principal fonte de enerxía que se empregaba era o carbón, mentres que na segunda Revolución Industrial, era a electricidade e o petróleo.
As industrias destacadas na primeira eran a téxtil e a siderúrxica. A industria téxtil baseábase no traballo da la e, posteriormente, na trata de algodón. Era o sector industrial predominante nesta etapa. Máis, na Segunda Revolución industrial, predomina a industria siderúrxica.
En canto o transporte, na primeira Revolución Industrial comeza a haber demanda de materias primas e produtos manufacturados, polo que necesitaban chegar ata os consumidores, e así, desenvólvese pouco a pouco este sector. Neste período aparece o ferrocarril (aplicación da máquina de vapor para ó transporte), e comeza a aplicarse tamén na navegación,sobre todo fluvial. Na segunda Revolución Industrial desenvólvese de forma máis xeneralizada a navegación a vapor, as locomotoras eléctricas, o automóbil e o avión.
Por último, a diferenza da primeira Revolución Industrial, na segunda aparece o capitalismo financieiro.